Estrategia y prioridades en la digitalización del sector agroalimentario (ACTUALIZACIÓN)

Gradiant e o Campus Terra da USC celebran esta xornada de traballo do Pólo de Innovación Dixital para o sector Agroalimentario de Galicia o día 26 de xaneiro en Silleda

Organiza: Pólo de Innovación Dixital no Sector Agroalimentario de Galicia Data: 26 de enero de 2017, 10h-14h Lugar: Auditorio Feira Internacional de Galicia ABANCA, Silleda, en coincidencia coa Feira Cimag Gandagro 2017

Carácter da xornada

Esta xornada encádrase nas actividades previstas polo Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario Galego, que foi presentado publicamente o 6 de outubro en Lugo.

En concreto, tras da primeira reunión de traballo que tivo lugar o pasado 15 de decembro en Santiago de Compostela, estableceuse un plan de traballo a curto prazo para deseñar unha estratexia conxunta para a dixitalización do sector agroalimentario en Galicia.

En liña coa filosofía de traballo áxil e eficiente promovida no polo de innovación, a xornada que se celebrará o 26 de xaneiro terá un carácter eminentemente práctico, requirindo da participación activa de todos os asistentes. Durante a xornada levaranse a cabo varios obradoiros dinamizados por persoal de Gradiant e o Campus Terra, que xirarán arredor das seguintes preguntas:

  • Rol esperado das tecnoloxías dixitais no desenvolvemento futuro do sector agroalimentario en Galicia
  • Necesidades do sector agropecuario e a industria agroalimentaria en Galicia
  • Principais barreiras e dificultades percibidas polo sector

Perfil dos participantes

A xornada está dirixida a recoller contribucións de todos os axentes da cadea de valor e innovación no sector agroalimentario e no sector TIC, incluíndo:

  • Representantes de cooperativas agroalimentarias
  • Representantes de industrias agroalimentarias
  • Representantes de clusters e asociacións empresariais dos sectores agroalimentario ou TIC
  • Representantes de centros tecnolóxicos e grupos de investigación activos nos eidos agroalimentarios e/ou TIC
  • Representantes de empresas TIC
  • Técnicos da administración pública involucrados na innovación do sector agroalimentario

Inscrición

Para unha correcta organización da xornada, invitamos aos interesados a rexistrarse con suficiente antelación. O prazo de inscrición estará aberto ata as 17:00 do venres 20 de xaneiro.

Para o rexistro pregamos empreguen o seguinte formulario:

https://goo.gl/forms/qJF6JzC13dlMgE8E3

(ACTUALIZACIÓN) Programa da xornada

Poden descargar o programa (preliminar) da xornada neste enlace


Noticias Relacionadas:

Gradiant y Campus Terra abren las sesiones de trabajo del Polo de Innovación Dixital Agroalimentario

Galicia: Hub de innovación digital para el Sector Primario

Gradiant y la USC ponen en marcha un “Digital Innovation Hub” para el sector primario de Galicia

Primeros pasos para un Digital Innovation Hub de Smart Farming en Galicia

Más información:

Gradiant Smart Farming

Proyecto CattleCare: el futuro de las explotaciones ganaderas

Gradiant Dirigirá un Grupo de Trabajo en AIOTI, la Alianza Europea para la innovación en el Internet de las Cosas

AIOTI publica sus recomendaciones para la innovación y el despliegue de la IoT europea