O Análise Multimedia é unha das nosas tecnoloxías clave. Traballamos con vídeos, documentos e imaxes como materia prima para obter datos. Coa nosa experiencia no procesamento de datos, achegamos solucións a empresas e institucións para unha maior seguridade e eficiencia na súa xestión.

Desde hai máis dunha década, desenvolvemos ferramentas que validan a autenticidade de documentos e clasifican grandes volumes de datos para un uso eficaz da información.

En Gradiant dispoñemos de solucións para analizar desde manipulacións de documentos ata monitorizar amplos espazos terrestres ou marítimos. Empregamos técnicas como watermarking dixital, forense multimedia e intelixencia artificial para detectar falsificacións en documentos (JPEG e PDF). Tamén investigamos o análise de vídeo para monitorizar contornas naturais complexas e a xestión eficiente de Big Data.