Os resultados obtidos nos nosos proxectos e solucións relacionadas coa Seguridade e Privacidade avalan a nosa expertise na área. Ao longo destes anos desenvolvemos solucións seguras adaptadas ás necesidades específicas dos nosos clientes e aplicables en diferentes ámbitos.
Estas tecnoloxías seguen o principio de security and privacy by design, é dicir, temos en conta aspectos como a confidencialidade, privacidade e integridade da información. Grazas á anonimización dos datos, as nosas solucións permiten analizar e procesar a información mentres preservamos a privacidade e a identidade dos usuarios.
Hoxe podemos falar da aplicación nos procesos produtivos do Internet das Cousas (Internet of Things – IoT) e dos Sistemas Empotrados (Embedded Systems) grazas ao traballo realizado en Sistemas Ciberfísicos (Cyberphysical Systems ou CPS).
Con estes avances conseguimos a integración dos sistemas de computación, as redes de datos e os procesos físicos en sectores como a industria, a agroindustria ou a pesca.
A nosa experiencia en tecnoloxías de identidade e privacidade permítenos ser un centro tecnolóxico referente na materia. Investigamos e desenvolvemos solucións relacionadas coa seguridade e privacidade con múltiples aplicacións en ámbitos que van desde a administración pública ata o sector bancario.
Mediante diferentes tecnoloxías e técnicas investigadas e desenvolvidas polo noso equipo conseguimos alcanzar o equilibrio óptimo entre a privacidade e a utilidade dos datos.... Seguir leyendo
Tamén coñecida como informática confidencial ou confidential computing, é unha liña con grandes posibilidades de desenvolvemento na actualidade e nun futuro próximo para diversos sectores e escenarios. En Gradiant traballamos en concreto en aspectos como a aprendizaxe federada segura, o cifrado baseado en atributos e a aprendizaxe automática preservando a seguridade e a privacidade.