En Gradiant deseñamos e desenvolvemos sistemas de posicionamento de ámbito local que proporcionan servizos de localización de gran precisión nunha área acoutada en interior ou exterior. Temos unha ampla experiencia en sistemas de posicionamento, desenvolvemos e implementamos algoritmia de aumento de precisión e de sistemas de robustecemento ou hardening.
Na nosa traxectoria afrontamos diferentes retos tecnolóxicos ligados ás comunicacións e ao uso do espectro requerido polos distintos sectores, desde o broadcast terrestre ao satelital ou as comunicacións móbiles.
No contexto actual, cun espectro radioeléctrico cada vez máis escaso, sometido a unha intensa demanda, destacan os traballos en materia de radio cognitiva e claros espectrais na banda de UHF. Moi importantes son as tecnoloxías de análise e monitorización intelixente de sinal e interferencias (SIGINT, COMINT), campos nos que contamos cunha gran experiencia.