Gradiant está á vangarda da revolución cuántica; neste ámbito desenvolvemos solucións integradas que abarcan software e hardware. O noso traballo baséase no control preciso de sistemas cuánticos para posibilitar tecnoloxías disruptivas en computación, metrología e comunicacións seguras.

Enfocámonos en tres liñas estratéxicas:

Sensado e Metrología Cuántica. Deste xeito, creamos sensores ultraprecisos con aplicacións en telecomunicacións, defensa e biotecnoloxía.

Comunicacións Cuánticas. Implementamos protocolos de distribución cuántica de claves (QKD) e plataformas para repetidores cuánticos, fundamentais para o futuro internet cuántico.

Computación Cuántica. Deseñamos algoritmos e sistemas de control de cúbits para resolver problemas complexos e desenvolvemos software para IA cuántica (QML) con aplicacións diversas. Combinamos a nosa experiencia multidisciplinar para crear plataformas cuánticas escalables e seguras.