A Ciberseguridade continúa sendo unha área tecnolóxica estratéxica en Gradiant e enfocámola desde a protección de datos, sistemas e infraestruturas críticas fronte ás ameazas dixitais en constante evolución.

Desenvolvemos solucións avanzadas para identificar ciberameazas e responder a incidentes, mediante monitorización en tempo real, detección intelixente e mitigación automatizada.

O noso portfolio inclúe cifrado, control de accesos, privacidade diferencial e aprendizaxe federada; garantimos contornas seguras e respectuosas coa privacidade. Empregamos análise do comportamento de usuarios e entidades (UEBA), minería de procesos e aprendizaxe por reforzo para detectar comportamentos anómalos e anticipar ataques. Os protocolos de comunicación seguros, tanto estandarizados como ad hoc, e a formación en competencias dixitais con enfoque na seguridade desde o deseño son piares esenciais.