A Xestión Avanzada de Datos é un marco tecnolóxico fundamental que asegura a explotación eficaz da información ao longo de toda a cadea de valor. Integramos a análise de Big Data con DataOps para optimizar o ciclo de vida das solucións baseadas en datos, desde a inxestión ata o despregue.
Aplicamos técnicas de optimización de modelos de IA para mellorar o rendemento, a escalabilidade e a eficiencia en custos, e aseguramos a calidade dos datos para aplicacións críticas.
As nosas solucións permiten a empresas e administracións públicas un uso eficaz e seguro da información, vital para o avance da Industria 4.0. Contribuímos ao desenvolvemento de Espazos de Datos interoperables e soberanos.
Ademais, as Tecnoloxías de Mellora da Privacidade (PETs), que inclúen anonimato e cifrado, intégranse para un intercambio de datos seguro e normativo. Este enfoque facilita a toma de decisións fiable e en tempo real en sectores como a sanidade, as telecomunicacións e a industria.
Axudamos ás organizacións a aproveitar todo o valor dos seus datos mediante solucións avanzadas de análise Big Data. Integramos información estruturada e non estruturada procedente de servizos Cloud, sistemas transaccionais, dispositivos IoT ou fontes externas, para analizar en tempo real e impulsar decisións máis intelixentes e vantaxes competitivas.
O noso equipo deseña arquitecturas modernas como os data lakehouse, que combinan a... Seguir leyendo
Aplicamos un enfoque DataOps para garantir unha xestión áxil, automatizada e escalable dos datos ao longo de todo o seu ciclo de vida. Integramos ciencia de datos e enxeñaría en fluxos de traballo colaborativos e eliminamos barreiras entre quen xeran os datos e quen os analiza. Isto permítenos acelerar o desenvolvemento de modelos, mellorar a calidade dos datos e facilitar a súa trazabilidade e gobernanza.
Xunto a... Seguir leyendo
En Gradiant axudamos ás organizacións a converterse en verdadeiras compañías data-driven, reforzando os seus procesos de dixitalización a través dunha estratexia integral de gobernanza e calidade do dato. Deseñamos solucións que permiten avaliar de forma continua a fiabilidade, completitude e consistencia dos datos antes de que cheguen a modelos analíticos ou sistemas de intelixencia artificial.
As nosas ferramentas detectan erros na orixe e axudan a... Seguir leyendo
Participamos activamente no impulso e desenvolvemento de espazos de datos seguros, interoperables e alineados cos marcos europeos. Os espazos de datos son infraestruturas tecnolóxicas e modelos de gobernanza que permiten compartir datos entre organizacións de forma controlada, trazable e cumprindo coa normativa vixente. O noso equipo traballa na implementación de arquitecturas federadas, conectores seguros, mecanismos de interoperabilidade e tecnoloxías de mellora da privacidade para facilitar o intercambio fiable... Seguir leyendo
Desenvolvemos Privacy-Enhanced Technologies (PETs) que permiten aproveitar o valor dos datos sen comprometer a súa confidencialidade. En ámbitos sensibles como a saúde, as finanzas ou a administración pública, aplicamos técnicas analíticas de mellora da privacidade, como a aprendizaxe federada, a privacidade diferencial ou o análise distribuído, que posibilitan o adestramento de modelos de IA e estudos colaborativos sen necesidade de centralizar a información.
Cando os... Seguir leyendo
Cando os datos deben compartirse ou procesarse en contornas non totalmente fiables, a protección debe apoiarse en técnicas criptográficas avanzadas. En Gradiant desenvolvemos Privacy-Enhanced Tech criptográficas que garantizan a confidencialidade incluso mentres os datos son utilizados.
Tecnoloxías como o cifrado homomórfico permiten realizar operacións sobre información cifrada, as probas de coñecemento cero (ZKP) permiten verificar atributos sen expoñer identidades completas, e os contornos de execución... Seguir leyendo