Celtic

É un proxecto Innterconecta que persegue dar  un impulso ao mundo do Marketing, a Intelixencia Competitiva  e  a Vixilancia Tecnolóxica, mediante a aplicación de tecnoloxías Big Data ao procesado de grandes volumes de información pública e heteroxénea extraídos da rede (blogs, microblogging, redes sociais, etc). As tecnoloxías desenvolvidas ao longo do proxecto cobren todas as fases dunha solución escalable e integral de intelixencia de negocio:1) captura de información pública na web, 2) estructuración da información sobre sistemas de almacenamento escalables 3) extracción de coñecemento sobre agregados de grandes volumes de información, e 4) creación de interfaces de usuario interactivas para a visualización de información estatística sobre os datos procesados.

Dentro de CELTIC estase a traballar en dúas aplicacións. Por unha banda, un sistema de vixilancia tecnolóxica que automatiza a captura, procesado e presentación da información. Por outro se está desenvolvendo unha ferramenta de marketing online que agrega información de medios sociais para a xeración de perfís de usuarios e a elaboración de métricas que permitirán detectar usuarios influentes e comunidades especializadas.

Participan no proxecto as empresas Indra Software Labs (como líder), Eloxia, Imaxin Software e Saec Data.

Leer más
Financiación
Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI), Fondo FEDER INNTERCONECTA - GALICIA 2011
Consorcio
Indra Software Labs, Elogia, Saec Data, Imaxin Softwar