emulsion

Este proxecto ten como obxectivo o desenvolvemento do modulador e demodulador dun sistema dixital de comunicacións orientado a dispositivos móbiles tales como teléfonos, PDAs ou terminais en vehículos. O sistema desenvolvido posibilitará aplicacións como a difusión de contido multimedia, a transmisión de mensaxes ou os servizos de urxencia en tempo real. Para conseguir un sistema robusto dabondo e cun nivel adecuado de cobertura empregarase un esquema híbrido que combine as comunicacións por satélite, operando sobre a banda S, cunha rede terrestre de repetidores similar á empregada para a difusión da TDT. Esta combinación supoñerá unha mellora efectiva nas actuais comunicacións por satélite, estendéndoas a escenarios móbiles como trens ou automóbiles.

Leer más