
Neste proxecto, Gradiant colaborou coa empresa Adianta Consulting e a Universidade de A Coruña para o desenvolvemento dun sistema de seguimento da realización de actividade física supervisada e personalizada para diferentes grupos poboacionais. O proxecto abarca eidos que van dende a captura de datos sobre o rendemento dos usuarios (a través dunha infraestructura pública, pulseiras persoais intelixentes e aplicacións móviles para as principais plataformas de smartphones no mercado) e a xestión de ditos datos, ata a presentación dunha interfaz amigable que permita tanto a usuarios como a prescriptores de exercicio e administracións xestionar adecuadamente o servizo.
O obxectivo final deste proxecto é ofrecer ás administracións unha ferramenta para promover a realización de actividade física entre a cidadanía, supervisado por prfesionais que fagan recomendacións aos usuarios a través de redes sociais.