F2-Access

O obxectivo fundamental de F2ACCESS (RFID and Face-based Secure Event Access) é abrir unha serie de liñas de investigación que permitan atallar o problema do recoñecemento automático de caras en escenarios de grande complexidade, tales como accesos a congresos e eventos, onde debido ó carácter diplomático ou institucional do mesmo, polo perfil dos participantes ou un alto nivel de risco policial, son precisas medidas excepcionais de seguridade. O escenario no que se enmarca o presente proxecto caracterízase por unhas condicións de iluminación non controladas, onde os usuarios non actúan de forma colaborativa e a xestión dos datos capturados debe realizarse en tempo real. F2ACCESS está enfocado a adquirir os coñecementos tecnolóxicos necesarios en biometría facial para incrementar o nivel de seguridade de sistemas de acceso baseados en identificadores de radiofrecuencia (RFID), propoñendo un esquema combinado de tarxeta física con datos biométricos, os cales son personais e intransferibles.

O proxecto proposto pertence á modalidade de cooperación, cos seguintes participantes:

  • Innova e Desarrolla en Red, S.L ,en adiante Desarrollanet
  • Universidade de Vigo

onde Gradiant, subcontratado por Desarrollanet, se encarga do deseño e implementación do sistema robusto de recoñecemento facial en entornos realistas.

Para acometer este ambicioso proxecto de investigación é necesario cubrir diversos obxectivos parciais. No que se refiere ó recoñecemento automático de caras, hai que destacar que se pretende abordar un escenario realista  e altamente non colaborativo, no que as persoas a identificar camiñan cara unha porta de acceso á vez que se capturan os datos biométricos precisos. Nesta área podemos identificar os seguintes obxectivos: i) Detección e seguemento robusto de caras de persoas en movemento, ii) Tratamento adecuado das caras detectadas, para facer frente ós cambios nos ángulos de rotación que inevitablemente se producirán pola posición relativa entre a/s cámara/s e o individuo a recoñecer, iii) Emprego de tecnoloxías que permitan un recoñecemento robusto ante condicións de iluminación variables, iv) Tratamento adecuado dos cambios de apariencia debidos á presenza/ausencia de barba, bigote ou lentes, así como cambios de expresión do suxeito, e v) Funcionamento en tempo real do sistema de recoñecemento para permitir un acceso fluido. As especiais características do escenario considerado en F2ACCESS fan que este proxecto diferencie notablemente de anteriores traballos levados a cabo  no campo do recoñecemento de caras.

Por outra parte, a comunicación entre o sistema de recoñecemento facial e o baseado en radiofrecuencia é de vital importancia, posto que a fusión de ambas tecnoloxías permitirá un incremento no nivel de seguridade, incluso nas condicións máis desfavorables. Para isto, será necesario sincronizar os datos de ambos subsistemas, tomando as medidas necesarias para verificar que proceden dun mesmo individuo. Asemade, o procesado e xestión dos datos, tanto biométricos como de radiofrecuencia, deben realizarse en tempo real, o que implica grandes restriccións á hora de tratar o fluxo de vídeo capturado, así como un acceso eficiente ás bases de datos e unha rápida toma de decisións. Deste xeito, será posible informar automáticamente ó persoal de seguridade de posibles alertas ou accesos non permitidos.

Leer más
Financiación
Plan Avanza I+D, Acción Estratégica de Telecomunicaciones y Sociedad de la Información. Año 2009. Ministerio de Industria, Turismo y Comercio