Gigaconnectivity

GIGACONNECTIVITY Lab pretende solucionar a crecente necesidade de dotar á industria, desenvolvedores de aplicacións e centros de investigación españois e europeos dun sistema escalable de testeo no que a área das telecomunicacións, internet do futuro e novas tecnoloxías, de forma que sexa accesible ás capacidades financeiras e tecnolóxicas da industria, os desenvolvedores de aplicacións e os centros de investigación. O obxectivo principal é a creación dunha federación de laboratorios que ofreza un entorno realista e completo de emulación e testeo interconectado que permita reproducir fielmente as características de diferentes escenarios de aplicación das nuevas tecnoloxías de GigaConectividad a nivel local. A interconexión dos laboratorios ofrecerá de cara ó exterior un servizo unificado para a industria e os centros de investigación. O escenario de probas será configurable e accesible remotamente  e reflectirá os diferentes aspectos dos emplazamientos obxeto, así como das infraestructuras de rede (par telefónico, rede eléctrica, coaxial…) presentes habitualmente nos mesmos e dos sinais que interactúan neles. A idea que subxace consiste en xerar un área de probas para o desenvolvemento de novos productos, aplicacións e servizos no eido das redes domésticas de telecomunicacións. Concíbese como unha solución aberta, onde terceiros -fundamentalmente empresas- podan acometer os seus propios desenvolvementos. Gracias a isto, poderanse empregar novos métodos de proba e validación, reducindo o tempo e custe necesario entre que un novo elemento ou servizo se valida nun laboratorio de investigación ata que o seu resultado se pode aplicar en entornos reais. Os escenarios que se verán cubertos neste proxecto céntranse principalmente no ámbito domiciliario (In-Home), podendo alcanzar e encontrar aplicabilidade en entornos a maior escala, como hoteles, hospitais ou museos (In-Building).  O resultado obtido terá aplicación, por un lado, para os fabricantes, que poderán dispoñer dun entorno no que probar os seus desenvolvementos, asegurando a súa compatibilidade con outros equipos ou o seu correcto funcionamiento en escenarios realistas e fiables. Por outra banda, os desenvolvedores de servizos e aplicacións disporán dun entorno con limitacións e compoñentes reais, o que permite levar a cabo fases de validación avanzadas, así como facilitar a inclusión e participación activa dos novos roles planteados no paradigma de internet do futuro (usuarios avanzados e usuarios productores de contidos) nestas fases. Asemade, o coñecemento dos escenarios estudados xerado no desenvolvemento deste proxecto, dará lugar a novas solucións e melloras no eido das redes domésticas, permitindo superar algunhas das actuais limitacións das tecnoloxías presentes nesta área.

Leer más
Financiación
Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), Plan Avanza I+D, Ministerio de Industria, Turismo y Comercio dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011