
A tecnoloxía é unha ferramenta imprescindible para as persoas con diversidade funcional, posto que lles permite desenvolver tarefas que antes non podían realizar,pasando a formar parte das súas máis fieis usuarios. Non obstante, a propia tecnoloxía está levantando barreiras que impiden o seu uso a aquelas persoas que teñen algunha limitación física, psíquica ou sensorial, afectando deste xeito a plena integración social da persoa.
O obxectivo do proxecto Interacce é establecer un modelo de deseño de interfaces intelixentes, intuitivas e integradas que sexan capaces de enmascarar as dificultades no manexo de ordenadores e dispositivos baseados en TIC. Preténdese conseguir modos naturais de interacción baseados en tecnoloxías de recoñecemento do fala e seguimento de mirada, con capacidade intelixente de adaptación aos usuarios e con respostas multimodales aos distintos estímulos. Para lograr este obxectivo establécese unha colaboración entre a empresa Wireless Galicia, a Universidade de Vigo e Gradiant.