InterAds_Adaptada

O obxectivo fundamental de InterAds (Interactive Advertising) é o desenvolvemento dunha plataforma de publicidade interactiva que dea pé á creación de novos contidos publicitarios. Nesta plataforma, a interacción cos posibles consumidores realízase mediante procesado intelixente de vídeo. Máis concretamente, o sistema deberá:

  • Detectar a presenza de persoas na contorna.
  • Clasificar demográficamente á audiencia coa finalidade de ofrecer diferentes productos en función do xénero e o rango de idade.
  • Interactuar co usuario de forma dinámica mediante o uso de procesado avanzado de caras, interpretación de xestos, recoñecemento automático da fala e renderizado de imaxes 3D.
  • Registrar toda a información relativa ó tempo de atención e interacción para analizar con datos obxectivos o impacto publicitario por sectores.

O sector do marketing debe adaptarse para poder dar solucións verdadeiramente eficaces ós seus clientes e isto pasa en moitas ocasións polo uso das novas tecnologías. Internet está cambiando o mundo e a publicidade non ía a ser unha excepción. Por unha parte, cada vez máis os clientes non queren ser únicamente meros observadores, senón que demandan xugar un papel máis activo e ó mesmo tempo, necesitan recibir mensaxes publicitarios eficaces que non lles fagan perder o tempo. É fundamental aproveitar o momento no que se capta a atención dun cliente para darlle toda a información que solicite. Isto que na publicidade en internet xa é unha esixencia, non se ten conseguido trasladar ó mundo real por falta de solucións como a que se pretende desenvolver en InterAds.

Para acometer o proxecto InterAds é necesario cubrir diversos obxectivos parciales. No que se refiere á clasificación demográfica e medidas de atención baseadas na análise da secuencia de vídeo, hai que destacar que se pretende abordar un escenario realista  e complexo, xa que o sistema ubicarase nun escaparate ou no interior dun establecimiento e/ou centro comercial. Así, os principais obxectivos a acadar están relacionados co funcionamento dos sistemas de procesado facial baixo condicións non controladas e en tempo real. Asemade, en InterAds prevese o uso de tecnoloxías de recoñecemento de fala para permitir unha interacción natural co usuario, sendo o principal obxectivo a acadar a detección de palabras chaves en entornos ruidosos.

Leer más
Financiación
Plan Avanza I+D, Acción Estratégica de Telecomunicaciones y Sociedad de la Información. Año 2009. Ministerio de Industria, Turismo y Comercio