LOBIN_01

O proxecto Avanza Lobin céntrase na aplicabilidade de redes de sensores a escenarios de seguridade, por conseguinte, complementa a outros proxectos de Gradiant na temática de redes de sensores, como REEFS, na busca da consolidación de redes de excelencia.

Potencialmente, é un proxecto que pode abrir a porta a produtos explotables baseados en redes de sensores e entre os obxectivos do proxecto inclúense:

  • Seguimento do estado da arte e a estandarización das tecnoloxías sen fíos aplicables a redes de sensores, con especial énfase en entornos IEEE802.15.4 e Zigbee.
  • Especificación, busca de solucións e integración de sistemas de sensorización de interese para os escenarios propostos: presenza, acústica, datos biométricos de persoas, etc.
  • Deseño e implementación de mecanismos de xestión da enerxía da plataforma hardware.
  • Deseño e desenvolvemento de mecanismos de encamiñamento reactivo con especial énfase no baixo consumo enerxético e a capacidade de dispoñer de mecanismos redundantes.
  • Localización mediante redes de sensores.
  • Especificación e implicacións dos requisitos de certificación de dispositivos en entornos de seguridade.
  • Desenvolvemento dun prototipo de rede de sensores desatendida.

O proxecto LOBIN (Localización e biomonitorización de pacientes a través de redes sen fíos en entornos hospitalarios) está orientado a acometer unha serie de liñas de investigación no deseño dunha plataforma hardware/software capaz de soportar aplicacións textrónicas de localización e biomonitorización para a súa utilización en entornos sociosanitarios. Os materiais “intelixentes” ou “smart materials” son unha nova xeración de compoñentes derivados da nanotecnoloxía e de materiais incluídos dentro da ampla familia de novos produtos, que teñen propiedades que poden ser controladas e configuradas “á carta”, permitindo a interacción personalizada co usuario final e con aplicacións en moitas industrias e orientados a diferentes segmentos de mercado, incluíndo: electrónicas de gran consumo, telecomunicacións, téxtil, xoguetes, militar, fitness e saúde.

O proxecto LOBIN ten como obxectivo principal o desenvolvemento de toda unha plataforma de biomonitorización e localización de pacientes en entornos hospitalarios. Esta estrutura básica de localización e biomonitorización estará baseada no uso de camisetas “intelixentes” (lavable, de varios usos), con sensores e-Textile integrados capaces de transmitir sen fíos un ECG, respiración, temperatura, posición relativa do usuario/paciente (en descanso/a pé), índice de actividade física e posición espacial. A comunicación realizarase a través dunha rede en malla sen fíos que permita a asociación de dispositivos, sobre a base do estándar de comunicacións sen fíos de corto alcance, baixo consumo e baixo custo de potencia denominado Zigbee. Ademais, deseñarase e validarase un Sistema Seguro de Información en Rede que efectúe tanto un control de ditos pacientes como a representación visual da localización en tempo real dunha forma gráfica, representados sobre un plano do propio centro. Así mesmo, o Sistema de Información en rede deberá contar con outras ferramentas suplementarias, como por exemplo, alarmas en caso de desprazamento dun paciente fóra dos límites físicos do centro, rexistro continuo do ECG do paciente, detección en tempo real de eventos ritmolóxicos (arritmias, bradicardias, taquicardias, fibrilación, etc.).

O prototipo creado será especialmente importante para a apertura dunha nova liña de traballo, que se ben neste caso se atopa focalizada en control de pacientes, poderá ser facilmente adaptable a outras necesidades e escenarios, xa que a tecnoloxía a usar, así como as aplicacións a desenvolver, terán un alto grao de reutilización. Este plantexamento estratéxico é especialmente significativo ao permitir a consolidación por parte de SIMAVE en temas tan importantes na súa área de negocio como é a ubicuidade, a xestión de pacientes e recursos, etc. Por outro lado, é necesario destacar que o presente proxecto converterase no punto de inicio da colaboración entre SIMAVE, Nlaza e NUUBO, abríndose unha liña de traballo de grande importancia para os tres. Ademais, é preciso destacar a activación da transferencia de coñecemento e tecnoloxía que se producirá entre os Centros de I+D e as tres empresas desenvolvedoras, coa fin última de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e achegar a Sociedade da Información a un público máis amplo.

Leer más
Financiación
Plan Avanza I+D, Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011