
O proxecto PROSSAE proponse coma un estudo ou integración das distintas tecnoloxías audiovisuais que permiten coñecer os aspectos emocionais e de personalidade dos individuos. O proxecto permitirá afondar no coñecemento dos retos existentes dentro deste campo a tódolos niveis: modelado de características (trazos de personalidade, estado emocional); adquisición da información (por diferentes vías: vídeo, audio, información de contexto); procesado da información adquirida (mediante unha diversidade de técnicas estatísticas e de clasificación); e finalmente, a nivel de aplicación final. A incorporación dos resultados do proxecto permitirá a creación de interfaces persoa-máquina social e emocionalmente intelixentes, o cal terá aplicación directa en numerosas áreas de actividade. Por exemplo, no campo do AAL (Ambient Assisted Living); nos sectores do comercio e da publicidade; na ensinanza (e-learning ou v-learning), no lecer (videoxogos social e emocionalmente intelixentes) ou no turismo.