sistemamerodeadores

No campo da seguridade, Gradiant estableceu unha colaboración coa empresa Bastet para lanzar o proxecto Save.

Aínda que esta liña recibiu un gran esforzo investigador durante anos, os actuais sistemas de videovixilancia aínda presentan moitas debilidades, como problemas para o seguimento ante oclusións ou falsas detecións ante cambios de iluminación. Ademais, téndese a incorporar cada vez maiores capacidades de interpretación das escenas, que proporcionen información de máis alto nivel para facilitar a toma de decisións.

No proxecto Save trabállase en desenvolvemento de novos algoritmos de detección, seguimento e interpretación, capaces de detectar e seguir obxectos móbiles de forma fiable ante cambios de iluminación e oclusións e de identificar ameazas á seguridade, como obxectos abandonados, intrusos ou merodeadores. Doutra banda, as maiores esixencias en capacidade de análise dificultan o mantemento dos requisitos de procesamiento en tempo real, polo que se propón a aceleración de algoritmos mediante implementación en tarxeta gráfica.

Leer más