sbts

O obxectivo xeral do proxecto SENSING BTS é proveer ao mercado global dun sensor de sinal de GSM portátil, coas capacidades dunha estación base GSM e un servizo de localización de terminais móbiles. Este sistema poderá ser utilizado por calquer equipo de búsqueda e rescate edo mundo, para localizar a persoas perdidas de forma automática, establecer comunicación con eles e reducir, por tanto, o tempo de rescate. O proxecto SENSING BTS presenta unha elevada carga de investigación de grande complexidade, xa que vai definir unha arquitectura completa para o dispositivo a realizar baseada en Software Defined Radio. Ademais esta arquitectura debe contemplar o desenvolvemento de hardware, software e algoritmos de localización. Atopámonos ante un proxecto de desenvolvemento experimental que ten como obxectivo xeral a especificación, o deseño e a validación dunha estación base de telefonía, para facilitar a actuación dos equipos de salvamento.

Leer más
Financiación
INNPACTO