
O obxectivo principal deste proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación a través do subprograma INNPACTO 11 é o desenvolvemento dun visualizador intelixente de aplicacións multimedia interactivas orientadas á computación na nube (cloud computing). Trátase dun sistema que conta cun repositorio de aplicacións ricas de escritorio que se executan en servidores potentes, situados nalgunha ubicación remota na nube (irrelevante para o usuario da aplicación). O sistema permite o acceso ás aplicacións e interacción dende calquer dispositivo compatible con HTML5, indepedentemente da súa potencia ou capacidades.
Leer más
Financiación
Ministerio de Ciencia e Innovación, INNPACTO 11