pro5

No eido da biometría en xeral, e na facial en particular, non é habitual dispor de modelos matemáticos axeitados que permitan seleccionar métodos óptimos para comparación e clasificación. Un dos obxectivos principais deste proxecto é precisamente afondar nos fundamentos teóricos do recoñecemento de caras para acadar melloras sustanciais nas prestacións. Para isto traballarase principalmente en conseguir un mellor coñecemento dos modelos estatísticos que rexen o comportamento das mostras biométricas e aplicaranse ferramentas clásicas da teoría da información para calcular as limitacións intrínsecas (reais) dos sistemas de recoñecemento facial, que polo de agora se descoñecen. A combinación de modelos teóricos, características apropiadas e novos paradigmas de clasificación potenciará as prestacións do recoñecemento biométrico facial.

  • Ademais de afondar no coñecemento teórico dos sistemas de procesado facial, en VISAGE (Verificacion, analIse facIal e eStimación de idAde en tArxeta Gráfica para cataloGación multimEdia Eficiente) trataranse outros aspectos de carácter máis aplicado que tamén son fundamentais:
  • Estudo de novos esquemas biométricos (preprocesado, extracción de características, clasificación robusta, etc.) que permitan enfrontarse á alta non linearidade dos subespazos onde residen as caras.
  • Estudo de técnicas de detección e alineamento automático de trazos faciais, explorando o uso de esquemas que combinen modelos de aparencia discriminativos e clasificadores xerárquicos robustos
  • Estudo a fondo do problema da variación das características faciais ao longo do tempo (‘aging’ ou envellecemento).
  • Análise de sistemas que preserven a privacidade dos datos biométricos.

Por último, na súa vertente máis aplicada, o proxecto VISAGE empregará novas ferramentas de programación coma o contorno CUDA de NVidia, aproveitando a grande capacidade de procesado en paralelo das tarxetas gráficas (GPUs) para implementar algúns dos módulos de procesado facial desenvolvidos en VISAGE. O resultado final será un demostrador para a catalogación e procura eficiente en material audiovisual.

Leer más
Financiación
Programas sectoriais de Investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica( Programa operativo Feder Galicia 2007-2013)(IN.CI.TE)