Fernando Jimenez Míguez

Scroll para ver más

Perfil profesional

fernando_jimenez_arriba

Fernando Jimenez Míguez

Fernando Jiménez naceu en Santiago de Compostela en 1975. É Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, Máster en Xestión e Dirección de Empresas por ICADE e conta con formación específica en Xestión da Innovación e tamén en xestión de negocios dixitais. Fernando Jiménez comezou a súa carreira profesional no ámbito das operadoras de telefonía tanto móbil como fixa. Foi Director Territorial para o norte de España dunha importante empresa dedicada ao desenvolvemento de proxectos de I+D, así como a prestación de servizos tecnolóxicos no sector público. Dirixiu proxectos empresariais baseados en solucións innovadoras nadas de proxectos de investigación e desenvolvemento. Na súa última etapa profesional antes da súa incorporación a Gradiant era responsable de comercio electrónico dunha importante multinacional galega.

Incorpórase a Gradiant en 2013 aportando experiencia profesional, coñecementos, ilusión e capacidades persoais para conseguir os obxectivos do Centro Tecnolóxico.