
O proxecto CORAGE ten como obxectivo principal a análise de viabilidade e desenvolvemento de simuladores de servizos IMS en entornos de seguridade e merxencias sobre unha rede de radio cognitiva, utilizando os novos estándares sen fíos de comunicacións IMT2000. No caso de que das análises de viabilidade se deriven resultados satisfactorios, realizaranse probas en entorno cuasi-real.
Co proxecto preténdese analizar as novas tecnoloxías, denominadas IMT200 e nas que se engloban os novos estándares sen fíos de transmisión terrestres/satélite, e a súa idoneidade para prestar servizos IMS de Seguridade nas novas bandas do espectro designadas trala última Conferencia Mundial de Radio Comunicacións. Unha vez analizadas estas tecnoloxías definiranse os requisitos do receptor híbrido capaz de utilizalas coa calidade do servizo necesaria e realizaranse simuladores de rede e receptor.
As liñas de I+D esenciais que levará a cabo este proxecto involucran fundamentalmente tres grandes conxuntos de tecnoloxías: as ligadas con LTE, as relacionadas con Wimax e todas aquelas que teñen que ver con IMS. Destácanse nese contexto as siguientes liñas de I+D:
- Validación de sistemas de monitorización espectral que permitan determinar o uso do espectro.
- Estudo da adecuación das tecnoloxías sen fíos IMT2000 a servizos de emerxencia e seguridade nas novas bandas de frecuencias consignadas pola ITU. Métodos de reducción de interferencia para facilitar a coexistencia de radios cognitivas.
- Converter á industria española nun actor fundamental na evolución das infraestructuras cara as redes de Nova Xeración, especialmente no eido das tecnoloxías sen fíos e de seguridade
Tomarase como referencia a última atribución de frecuencias realizada a nivel internacional na Conferencia Mundial de Radiocomunicacións celebrada en Ginebra no ano 2007, que terá importantes implicacións na asignación do espectro de frecuencias española a partir do ano 2015.