
O obxectivo do proxecto Emocions é o deseño e desenvolvemento dunha ferramenta educativa emocional con capacidade de identificar en tempo real expresións faciais espontáneas dos usuarios, inferir o seu estado emocional e interactuar con eles en consecuencia. Con esta finalidade, crearanse contidos que permitan xerar guións persoalizados, adaptándose ao estado emocional dos usuarios. Estudaranse técnicas para o recoñecemento de emocións básicas, complexas (interese ou aburrimento) e de detección de Action Units (sistema FACS), baseándose en combinacións de características xeométricas e de aparencia.
O desenvolvemento da ferramenta educativa emocional partirá da especificación das probas deseñadas por expertos a partir dos estudos de Ekman e Baron-Cohen. Crearanse os contidos necesarios (guións, cuestionarios, etc.) que permitan un diálogo usuario-máquina natural, compilando 2 versións: PC e Wii cun editor multiplataforma.
Campos como HCI (Human-Computer Interaction), domótica, AAL (Ambient-Assisted Living), e ciencias relacionadas co estudo emocional e cognitivo (Psicoloxía, Psiquiatría) poderán verse beneficiadas polos avances obtidos neste proxecto.