femora

É un proxecto en colaboración con Ednon. FEMORA ofrecerá formación para o persoal de enfermería mediante teléfonos móbiles dotados de capacidade multimedia e realidade aumentada. O ámbito sanitario é altamente dinámico e os rápidos avances da medicina obrigan ao persoal a someterse a unha constante renovación. Empregando códigos QR repartidos polo hospital, FEMORA permitirá ás enfermeiras acceder a información multimedia e guías para a realización de determinados procedementos sen desprazarse do seu lugar de traballo. Isto acelerará o proceso de aprendizaxe, a estabilización de novas técnicas e, indirectamente, mellorará a atención aos pacientes.

Leer más