PRISMED-2

O obxectivo xeral de PRISMED é a xeración de novas tecnoloxías criptográficas avanzadas para aumentar a confiabilidade nas infraestructuras e servizos de e-Saúde, asi como para posibilitar o uso de potentes ferramentas de externalización de datos e procesado, como a computación cloud, dunha forma segura e fiable en servizos de e-Saúde. Para isto, o proxecto integra un consorcio equilibrado formado por socios tecnolóxicos, organismos de investigación e usuarios finais (entidades sanitarias), de xeito que se busca alcanzar o obxectivo proposto dunha forma racional e efectiva, que teña en conta a tódalas entidades involucradas no desenvolvemento e emprego de tecnoloxía punteira en e-Saúde. O principal aspecto considerado neste proxecto é a protección da provacidade de datos sensibles, por ser crucial en servizos de e-Saúde. Así, tódalas tecnoloxías desenvolvidas están orientadas a cubrir este aspecto en dous escenarios representativos: i) o de análise, estudos e diganósticos colaborativos resalizados sobre datos sensibles en bases de datos seguras, e ii) o de computación cloud con datos clínicos.

As tarefas de investigación a realizar neste proxecto centraranse no paradigma SPED (Signal Processing in the Encrypted Domain), baseado na computación con datos cifrados, como ferramenta básica para a protección da privacidade en entornos non confiables.

A necesidade deste proxeto fundaméntase na crecente demanda de garantías de confidencialidade e provacidade no tratamento de datos médicos por medios informatizados, especialmente no contexto dos novos servizos de e-Saúde na Internet do Futuro. A elección de cloud como unha das tecnoloxías de base neste proxecto, responde ao ambicioso obxectivo de servir como solución transversal para estes sistemas en calquier ámbito de aplicación (p.ex. Banca electrónica, provisión de seguridade en cloud, smart metering privado…).

Leer más
Financiación
Ministerio de Ciencia e Innovación, INNPACTO 11