Gradiant e a USC impulsan a creación dun «Digital Innovation Hub» para o sector agroalimentario galego

A presentación deste polo de innovación desenvolverase o 6 de outubro na Casa do Saber de Lugo, no marco dunha xornada informativa aberta a toda a sociedade

Gradiant e o Campus Terra da USC impulsan a creación dun polo de innovación dixital (Digital Innovation Hub, na terminoloxía da Comisión Europea) para o sector agroalimentario, unha iniciativa que se antolla clave para favorecer a futura sustentabilidade do sector en Galicia.

Gradiant aproveita a súa visión e a experiencia acumulada dende a privilexiada posición que o Centro ten coma presidente do Grupo de Traballo en Agricultura Intelixente e Seguridade Alimentaria na Alianza Europea pola Innovación na Internet de las Cousas (AIOTI), para traducir e trasladar esta tendencia en auxe á realidade de Galicia.

O polo de innovación dixital para o sector agroalimentario permitirá a confluencia, pola banda da demanda, dun sector produtivo e transformador aberto á incorporación de tecnoloxías e servizos innovadores adaptados á súa realidade e, pola banda da oferta, a conxunción de provedores tecnolóxicos e de servizos, así como dos centros de coñecemento e innovación xeradores de solucións e melloras demandadas polo sector.

Os obxectivos desta iniciativa conxunta do Campus Terra da USC e Gradiant pasan por establecer unha dinámica proveitosa de colaboración aberta e áxil en aras a acadar unha maior competitividade para o sector agroalimentario, ampliar as oportunidades de negocio e o potencial exportador para os provedores tecnolóxicos, ademais de xerar novas posibilidades de capitalización do coñecemento existente nos centros de investigación e innovación galegos.

Galicia conta na actualidade con exemplos nos eidos da innovación dixital no sector agroalimentario e tamén dispón de centros de coñecemento e empresas tecnolóxicas capaces de ofrecer solucións innovadoras aos retos e ás problemáticas ás que se enfronta o sector. Porén, bótase en falta aglutinar esforzos entre o conxunto dos axentes de toda a cadea de valor para que o impacto sectorial se traduza nun incremento significativo da mellora da competitividade.

A posta en marcha dun polo de innovación dixital para o sector agroalimentario recoñece o importante peso que teñen os sectores da produción agraria, gandeira e de transformación de alimentos no conxunto da economía, do territorio e da sociedade galega. Asemade, esta iniciativa, a través da que Campus Terra da USC e Gradiant pretenden aliñar esforzos e optimizar as ferramentas dispoñibles, tamén contempla dúas das prioridades xa recollidas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, tal e como o son a modernización dos sectores primarios e o impulso das TIC como sector tractor da economía e do coñecemento.

A presentación deste polo de innovación dixital para o sector agroalimentario desenvolverase o xoves 6 de outubro no marco dunha xornada que se celebrará na Casa do Saber do  Campus Terra da USC. Esta sesión, na que estarán presentes tanto representantes da Administración como de todas aquelas entidades ou empresas interesadas na conformación dun ecosistema innovador en Galicia, permitirá coñecer algunhas estratexias e boas prácticas xa activas no eido da innovación dixital no sector agraoalimentario, ao tempo que servirá para dar a coñecer os obxectivos deste polo de innovación dixital e, entre outros cometidos, avanzar no deseño da estrutura da súa gobernanza.

smart farming galicia


Novas relacionadas:

Haciendo más seguro el Internet de las Cosas

Gradiant Dirigirá un Grupo de Trabajo en AIOTI, la Alianza Europea para la innovación en el Internet de las Cosas

Gradiant organiza dos eventos en Bruselas sobre el futuro de la IoT en el Sector Primario europeo.

IoT para una cadena alimentaria centrada en los datos

Ciberseguridad, IoT y Data Analytics: tecnologías de futuro para el sector público

Para saber máis:

AIOTI: Alianza europea pola innovación na Internet das Cousas

Gradiant IoT

Gradiant Smart Farming

Contacto:

Comercial nacional

Comercial internacional