Convocatoria a medios: Reunión do Pólo de Innovación Dixital

Scroll para ver más

Asunto: Xornada sobre estratexias e prioridades na dixitalización do sector agroalimentario galego, organizada polo Campus Terra da USC e Gradiant
Data e lugar: Xoves, 26 de xaneiro. Auditorio da Feira Internacional de Silleda
Hora: 10.00

Gradiant e o Campus Terra da USC definen este xoves en Silleda as estratexias de dixitalización do sector agroalimentario galego

A xornada de traballo do Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario comeza ás 10.00 horas no auditorio do recinto feiral e inclúe tres obradoiros

Vigo, mércores 25 de xaneiro de 2017. 

O Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario impulsado ao abeiro de Gradiant (Centro Tecnolóxico TIC de Galicia) e o Campus Terra da USC, celebrará mañá xoves, a partir das 10.00 horas, no auditorio da Feira Internacional de Silleda unha nova sesión de traballo, no marco da cal se desenvolverán tres obradoiros nos que profesionais e institucións do sector analizarán tanto as necesidades do eido agropecuario, como o rol agardado polas tecnoloxías dixitais e as súas principais eivas.

A xornada está dirixida a recoller contribucións de todos os axentes da cadea de valor e innovación no sector agroalimentario e no sector TIC, incluíndo a representantes de cooperativas e industrias, clústers e asociacións empresariais, membros de centros tecnolóxicos e grupos de investigación, representantes de empresas TIC, así como técnicos da administración pública involucrados na innovación do sector.
Este foro botou a andar o 6 de outubro na Casa do Saber do Campus Terra da USC e celebrou a súa primeira reunión de traballo o pasado 15 de decembro en Santiago de Compostela, onde se estableceu un plan de traballo a curto prazo para deseñar unha estratexia conxunta para a dixitalización do sector agroalimentario en Galicia.
Esta segunda xornada de traballo do Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario terá lugar no marco de Gandagro 2017, o gran foro agropecuario de Galicia.


Máis información:

Jesús Peleteiro
Responsable de Comunicación
PR & Communications Manager

jpeleteiro@gradiant.org

Tlf: (+34) 986 120 430 Ext. 3034

gradiant.org

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.