Nova edición do premio Gradiant á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC 2012
Gradiant | Redacción
Gradiant e o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición do Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2012 e que forma parte dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2012 que se entregarán o vindeiro venres 26 de outubro no transcurso da XVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
Con este galardón, dotado con 2.000 euros, preténdese fomentar a realización de teses doutorais como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.
O prazo de presentación das teses remata o vindeiro 21 de setembro ás 14:00 horas.
Cómo participar:
-Descarga as bases da convocatoria do Premio Gradiant 2012 aquí.
-Descarga e rechea o formulario de solicitude e envíao por e-mail ás seguintes direccións:
aetg@aetg.org
administracion@coetg.es