Q&A: Alberto Rico Albariño, Premio Gradiant 2015

Scroll to see more

ALberto Rico

A tese de Alberto aborda técnicas que incrementan a eficiencia das redes inalámbricas, e aporta solucións ó problema da reutilización do espectro radioeléctrico, o que ten un impacto fundamental no desenvolvemento socioeconómico.
Unha mostra da súa aplicabilidade é que os resultados descritos aa tese foron licenciados para uso da Axencia Espacial Europea nos seus proxectos e estándares.

O Premio Gradiant vai ser entregado esta noite, no transcurso da  XX edición de la Noite das Telecomunicacións de Galicia, na Illa da Toxa.

Q — ¿Qué demostra a tese?
A — Que é posible incrementar a eficiencia nas redes sen fíos… Estudianse distintas redes, por exemplo redes de próxima xeración WiFi, redes celulares, redes de Televisión Dixital Terrestre, e incluso redes de comunicación por satélite móbil.

Q — ¿Qué técnicas se empregan?
A –Distintas técnicas baseadas en procesado de sinais, en intelixencia artificial, para tratar de incrementar a velocidade coa que estas redes transmiten información.

Q — Qué aplicacións poden ter as propostas desta tese? ¿Quñé problemas resolve?
A — Podería permiti-lo acceso en zonas rurais ou en casos como os de barcos en alta mar, por exemplo. Permitiríalles acceder a unha conexión a Internet cun custo moito menor ó que teñen hoxendía.
Tamén poderíase aplicar ós casos onde hai moita densidade de usuarios da rede, como podería ser por exemplo un estadio de fútbol ou un centro de congresos ou convencións. Nestes casos o que adoita suceder é que as redes se colapsan, e coas técnicas que se propoñen na tese se podería servir a todos os usuarios de forma simultánea, desta forma non se colapsarían as redes.

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.