Gradiant e o Campus Terra da USC celebran esta xornada de traballo do Pólo de Innovación Dixital para o sector Agroalimentario de Galicia o día 26 de xaneiro en Silleda
Organiza: Pólo de Innovación Dixital no Sector Agroalimentario de Galicia Data: 26 de enero de 2017, 10h-14h Lugar: Auditorio Feira Internacional de Galicia ABANCA, Silleda, en coincidencia coa Feira Cimag Gandagro 2017
Carácter da xornada
Esta xornada encádrase nas actividades previstas polo Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario Galego, que foi presentado publicamente o 6 de outubro en Lugo.
En concreto, tras da primeira reunión de traballo que tivo lugar o pasado 15 de decembro en Santiago de Compostela, estableceuse un plan de traballo a curto prazo para deseñar unha estratexia conxunta para a dixitalización do sector agroalimentario en Galicia.
En liña coa filosofía de traballo áxil e eficiente promovida no polo de innovación, a xornada que se celebrará o 26 de xaneiro terá un carácter eminentemente práctico, requirindo da participación activa de todos os asistentes. Durante a xornada levaranse a cabo varios obradoiros dinamizados por persoal de Gradiant e o Campus Terra, que xirarán arredor das seguintes preguntas:
- Rol esperado das tecnoloxías dixitais no desenvolvemento futuro do sector agroalimentario en Galicia
- Necesidades do sector agropecuario e a industria agroalimentaria en Galicia
- Principais barreiras e dificultades percibidas polo sector
Perfil dos participantes
A xornada está dirixida a recoller contribucións de todos os axentes da cadea de valor e innovación no sector agroalimentario e no sector TIC, incluíndo:
- Representantes de cooperativas agroalimentarias
- Representantes de industrias agroalimentarias
- Representantes de clusters e asociacións empresariais dos sectores agroalimentario ou TIC
- Representantes de centros tecnolóxicos e grupos de investigación activos nos eidos agroalimentarios e/ou TIC
- Representantes de empresas TIC
- Técnicos da administración pública involucrados na innovación do sector agroalimentario
Inscrición
Para unha correcta organización da xornada, invitamos aos interesados a rexistrarse con suficiente antelación. O prazo de inscrición estará aberto ata as 17:00 do venres 20 de xaneiro.
Para o rexistro pregamos empreguen o seguinte formulario:
https://goo.gl/forms/qJF6JzC13dlMgE8E3
(ACTUALIZACIÓN) Programa da xornada
Poden descargar o programa (preliminar) da xornada neste enlace
Noticias Relacionadas:
Gradiant y Campus Terra abren las sesiones de trabajo del Polo de Innovación Dixital Agroalimentario
Galicia: Hub de innovación digital para el Sector Primario
Gradiant y la USC ponen en marcha un “Digital Innovation Hub” para el sector primario de Galicia
Primeros pasos para un Digital Innovation Hub de Smart Farming en Galicia
Más información:
Proyecto CattleCare: el futuro de las explotaciones ganaderas
AIOTI publica sus recomendaciones para la innovación y el despliegue de la IoT europea