A Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica visita Gradiant

Scroll para ver más

Na súa primeira visita ó Centro Tecnolóxico, a secretaria reuniuse co equipo directivo e pudo coñecer, xunto co seu equipo, as demostracións dalgúns proxectos que se levan a cabo en Gradiant

D. Maria del Mar Pereira, Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnoloxica da Xunta de Galicia, visitou o venres as instalacións de Gradiant acompañada de dúas persoas do seu equipo. Alí mantiveron unha primera reunión de contacto co equipo directivo do centro, na que Fernando Perez, director xeral, participou a través de videoconferencia. Neste primeiro encontro, presentáronse as competencias de cada unha das organizacións e se detectaron posibles liñas de colaboración. Trala reunión, realizouse unha visita ás instalacións durante a cal puderon coñecer algunhas demostracións dos proxectos nos que o centro está traballando actualmente.

 

Na imaxe, Daniel Pereira (Investigador de Gradiant) mostra o funcionamento da pantalla multitáctil que está a desenvolver, baixo a atenta mirada de Dna. Mª del Mar Pereira e o seu equipo e a dirección de Gradiant.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.