Gradiant acollerá o TEDxGaliciaLive o vindeiro 27 de xuño

Scroll para ver más

Gradiant acollerá o vindeiro 27 de Xuño de 2012 en CITEXVI a partires das 9.45 da mañá a primeira edición do TEDxGaliciaLive. Neste evento transmitiranse sesións en vivo do TEDGlobal 2012, que terá lugar en Edinburgo do 25 ao 29 deste mes. Este evento ten como tema principal «Radical Openness», no que se ofrecerán diversos puntos de vista sobre diferentes temas nos que predomina a visión radicalmente aberta e creativa.

TEDxLive é unha extensión do programa TEDx, creado por TED no 2010. Os eventos TEDxLive permiten aos entusiastas de TED, ao redor do mundo, a experimentar sesións en vivo da Conferencia TED. As charlas do TEDxGaliciaLive son un streaming en directo das sesións do día 27 de xuño no TEDGlobal de Edimburgo e polo tanto estarán en inglés

A sesión dará comezo ás 9.45 da mañá e se desenvolverá durante todo o día ata as 19.45, pero cada asistente poderá elixir a charla á que quere ir. Para asistir só tes que deixarnos os teus datos aquí. As prazas son limitadas ¡Apúntate xa!

Gradiant
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.