Gradiant xa é Aliado Dixital

Scroll para ver más

Gradiant contribuirá ó desenvolvemento dixital de Galicia no marco do programa de Aliados Dixitais, que a Xunta de Galicia pon en marcha para dotar de capacidades, recursos e iniciativas dixitais á poboación galega. 

aliadosdixitais

Gradiant contribuirá ó desenvolvemento dixital de Galicia dentro do programa de Aliados Dixitais dentro da categoría que lle corresponde coma Centro Tecnolóxico, a de “entidade colaboradora”.

Deste xeito, Gradiant convírtese en “Aliado Dixital” do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020. A Xunta de Galicia  a través da Amtega –Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia- promove o devandito Plan co obxectivo de achegar as novas tecnoloxías a todos os galegos. Para isto, conforma unha rede de alianzas dixitais que axudarán a darlle pulo a distintas medidas de actuación nos eidos da Alfabetización Dixital, da Capacitación Dixital e da Innovación Social Dixital e Participativa.

Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 – Aliad@s Dixitais

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia para impulsar un novo modelo de inclusión dixital, que integre as accións para a alfabetización dixital con outras de capacitación dixital e de innovación social dixital participativa. Esta estratexia estase a levar a cabo grazas á cooperación, e implicación dos axentes do ecosistema dixital, que permite sumar capacidades, recursos e iniciativas para incrementar o alcance das medidas. O pasado 29 de abril publicouse a Resolución que permite que as entidades, empresas, asociacións, etc. interesadas en participar neste eido poden adherise coma aliados dixitais a través dun proceso telemático na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Obxectivos do Plan

O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, que foi aprobado no Consello da Xunta do pasado 21 de abril, ofrece á sociedade galega un servizo integral de dixitalización que abrangue desde as accións para a alfabetización dixital ata aquelas que permitan a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

Para acadar este obxectivo, o Plan establece actuacións en 3 grandes eixos estratéxicos: a alfabetización dixital, a capacitación dixital e a innovación social dixital e participativa.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.