Gradiant colabora con «Profesións Dixitais»
Gradiant colabora coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia na potenciación das vocacións tecnolóxicas e da inserción e reorientación laboral a través da formación en TIC, a través da iniciativa «1 mes, 1 profesión dixital», que ten o obxectivo de concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes, ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías.
Un novo faladoiro dixital terá lugar o 28 de setembro, a partir das 9:45 horas nas nosas instalacións, coa internet das cousas (Internet of Things, IoT) coma eixo temático. Unha tecnoloxía na que Gradiant é un referente a nivel internacional,
Dende Gradiant queremos convidarvos a todos os interesados a este evento, e o programa poderedes atopalo aquí. A inscrición, é de balde, e está xa aberta a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.gal e da web www.profesionsdixitais.org.
Máis información
Gradiant IoT
Gradiant dirige un Grupo de Trabajo en AIOTI
Gradiant da los primeros pasos para crear un Digital Innovation Hub sobre Smart Farming en Galicia