Un enxeñeiro informático gaña o Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoural aplicada ao sector TIC

Scroll para ver más

Gradiant | Redacción

O enxeñeiro informático Guillermo López Taboada foi galardoado co Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoural aplicada ao sector TIC dotado con 2.000 euros pola súa investigación tese “Design of Efficient JAVA Communications for High Performance Computing”. A entrega do premio tivo lugar na celebración da XVII Noite Galega das Telecomunicacións que se celebrou o pasado 26 de outubro, no Gran Hotel da Toxa (O Grove, Pontevedra)  baixo o lema “Smart Cities, a tecnoloxía ao servizo dos cidadáns”.

A gala, organizada polo polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) e patrocinada por Gradiant, contou coa presenza de numerosas autoridades autonómicas, provinciais e locais entre as que destacan o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde de A Coruña, Carlos Negreira.

Tecnoloxía galega de primeiro nivel

Durante a gala entregáronse os tradicionais Premios Galicia das Telecomunicacións, nos que José Luis Barreiro Conde, directivo do Grupo Televes, é o Enxeñeiro do Ano desta edición. Unha distinción instituída polo COETG para recoñecer o destacado labor profesional de enxeñeiros de telecomunicación como Barreiro Conde, quen desde o punto de vista colexial participou activamente na fundación da AETG e desde o punto de vista profesional foi o responsable de impulsar o moderno modelo produtivo de Televes e da implantación da loxística do Grupo.

O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, outorgado pola AETG e impulsado pola AMTEGA recaeu na aplicación móbil Pictodroid Lite de Accegal. Un proxecto de colaboración entre o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón (centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia) e o Grupo de Tecnoloxías da Información (GTI) da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo para a elaboración de solucións de accesibilidade para as persoas con discapacidades baseadas en dispositivos móbiles.

No tocante ao Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC máis innovador do 2012, o galardón recaeu no Proxecto LIFE+Viñas Atlánticas da Deputación de Pontevedra, quen lidera o proxecto, en colaboración coas adegas: Martín Códax, Condes de Albarei e Paco&Lola. O COETG e a AETG tamén entregaron un ano máis, o Premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC, nesta edición outorgado á empresa Vmodal Interactive S.L. polo proxecto “Intelixente. La voz de tu cliente”.

 

Gradiant
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.